Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

By: Música no Claustro

Language: gl

Categories: Leisure, Crafts

Resonancias é unha plataforma de divulgación de diversas experiencias, reflexións e ideas relacionadas coa investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos deste podcast forman parte do Foro profesional impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, no festival Música no Claustro con sede na Catedral de Tui. Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast

Episodes

O entusiasmo na lutería: Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela.
Dec 14, 2025

Neste episodio escoitamos as voces de Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela, tres persoas que deciden apostar polo oficio da construción de instrumentos musicais desde lugares e momentos vitais moi distintos, equilibrando vocación, realidade e entusiasmo.

A través das súas experiencias persoais coñecemos mudanzas internacionais, retornos a Galicia, aprendizaxes intensas e paróns necesarios. Fálannos das dificultades reais do oficio, dos retos económicos e emocionais, dos teitos de cristal e tamén da importancia de atopar espazos de calma onde crear, reparar e recuperar sentido.

As súas traxe...

Duration: 00:33:56
Prevención de riscos laborais nos obradoiros de instrumentos musicais
Dec 07, 2025

Neste episodio exploramos un tema esencial, aínda que pouco tratado nos obradoiros de instrumentos musicais: a prevención de riscos laborais. Falamos do impacto que teñen materiais, procesos, espazos de traballo e hábitos profesionais na saúde das persoas que constrúen, manteñen e reparan instrumentos musicais. Para iso contamos con dúas voces complementarias:

A lutier asturiana Elena Llanes, que en 2012 realizou o seu traballo de fin de máster de riscos laborais sobre o obradoiro de construción de gaitas de Patricia Cela, introduce os riscos reais como o po de madeira, o...

Duration: 00:39:53
Intérpretes e lutería. Unha convesa entre Raquel Areal e María Casado
Dec 01, 2025

Neste episodio achegámonos ao diálogo entre construción, interpretación e repertorio a través dunha conversa entre a violinista galega Raquel Areal, integrante da Filharmónica de Berlín, e a xestora cultural e violinista María Casado, coordinadora do programa MUSAE (Música en los Museos Estatales) do Ministerio de Cultura. Xuntas reflexionan sobre o acceso aos instrumentos, a importancia da honestidade na relación coas persoas lutieres, as carencias formativas na lutería dentro dos conservatorios e a necesidade de fortalecer a conexión entre profesionais da interpretación e da construción.


D...

Duration: 00:24:50
Mapeo de eventos arredor dos instrumentos musicais
Nov 23, 2025

Trazamos unha cartografía polos principais eventos que hoxe articulan o ecosistema arredor da construción, investigación e difusión dos instrumentos musicais. Desde o foro Resonancias, onde nace este podcast, ata o recente encontro Zona da zanfona, celebrado en Arzúa, percorremos feiras, encontros profesionais, xornadas científicas e festivais que poñen en diálogo a lutería, a artesanía, a interpretación e a investigación organolóxica.


Viaxamos polas Xornadas de Instrumenta, polo Encontro Profesional Galego para a Construción de Instrumentos impulsado por LABRA (Asociación Profesional Galega de Const...

Duration: 00:33:43
Identidades: arte, artesanía e autoría. Porta da Pía Artesanía, Noroeste Obradoiro e Aitor.
Nov 16, 2025

Neste episodio presentamos un debate sobre as fronteiras líquidas entre arte, artesanía e autoría.

Conversamos con Susana Cabo Buján propietaria da tenda de artesanía Porta da Pía, José Castro xoieira de Noroeste Obradoiro e Aitor Martínez artesán en madeira, tres voces que representan diferentes xeitos de entender a creación contemporánea.

Un diálogo sobre identidades, marcas comerciais e persoais, valores compartidos e soños de futuro para a artesanía galega.


Dirección: Beatriz Fontán

Produción executiva e comis...

Duration: 00:34:57
Oficina Española de Patentes e Marcas, unha entidade pública ao servizo da artesanía
Nov 09, 2025

A Oficina Española de Patentes e Marcas é unha entidade pública que protexe as patentes e os modelos de utilidade, así como as marcas e os deseños industriais na artesanía.

Esta entidade custodia un dos arquivos históricos máis importantes do mundo no relativo ao enxeño e á creatividade humana na súa faceta de propiedade industrial.

Pablo López de Unceta e Eduardo Rodríguez Álvarez, guían este percorrido polo pasado, presente e futuro da protección da nosa capacidade de inventar.

Dirección: Beatriz Fontán

Produción exe...

Duration: 00:48:51
Ciencia, tecnoloxía, experimentación e fama dos construtores de instrumentos musicais na historia. Cristina Bordas
Nov 02, 2025

A musicóloga Cristina Bordas, referente internacional en organoloxía, condúcenos nun percorrido pola historia das persoas construtoras de instrumentos musicais: artesás, inventoras e enxeñeiras que uniron ciencia, tecnoloxía e arte para facer posible a música.

Desde os obradoiros medievais ata as patentes do século XIX, Bordas amosa como a busca da harmonía impulsou avances técnicos e simbólicos, desde o compás e os autómatas ao piano de Cristofori. Un diálogo entre historia, experimentación e creatividade que reivindica o valor das persoas que transformaron o son en patrimon...

Duration: 00:32:39
O cuatro, un instrumento portorriqueño, construído con castiñeiro galego. Ricardo Ramos e Pablo Hernández Mejías
Oct 18, 2025

Ricardo Ramos naceu en Bayamón, municipio de Porto Rico, illa caribeña cunha identidade musical propia marcada polo son do cuatro: un instrumento de corda pulsada que constrúe actualmente no seu obradoiro situado en Sarria (Lugo). O seu traballo combina o respecto á tradición boricua coas innovacións adquiridas na súa formación en Granada e La Herradura, achegando novas técnicas de construción. Como mostra deste diálogo, Ricardo Ramos presenta un cuatro construído con madeira galega de castiñeiro.


Escoitamos a sonoridade deste instrumento grazas ao músico Pablo Her...

Duration: 00:28:42
Un violonchelo con madeiras do rural galego. Adrian M. Pereiro e ensaia.
Oct 13, 2025

Adrián M. Pereiro é un lutier galego formado na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola Vasca de Luthería de Bilbao (BELE). En 2023 desenvolveu o proxecto “Un chelo, catro historias”: un violonchelo construído con madeiras procedentes das catro provincias galegas. Cada madeira achega unha historia vencellada á cultura, á artesanía ou á recuperación do patrimonio no ámbito rural.

Detrás deste proxecto está ensaia., unha comunidade de financiamento colectivo que impulsa a creatividade, a innovación e o talento en Galicia. Cada ano, persoas de todo o mundo colaboran de forma voluntaria e anónima para face...

Duration: 00:23:09
Pablo Carpintero e Rosa Sánchez: as gaitas de fol na provincia de Pontevedra.
Aug 29, 2025

O contido deste PODCAST ten a súa orixe na conferencia realizada por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez  sobre as súas investigacións das gaitas de fol na provincia de Pontevedra, no marco Foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS convocado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e o festival Música no Claustro o 6 de agosto de 2024, na Catedral de Tui.

Trátase dunha aproximación aos diferentes tipos de gaitas de fol documentados na provincia de Pontevedra. Un patrimonio musical que non só sorprende pola súa diversidade, senón tamén pola súa anti...

Duration: 00:35:57
Madou Kouyaté e Fodé Lassana Diabaté: a construción do ngoni e o balafón, dous instrumentos tradicionais da cultura griot.
Jul 31, 2025

O contido deste PODCAST ten a súa orixe na conversa cos músicos malienses Madou Kouyaté e Lassana Diabaté no Foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS convocado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e o festival Música no Claustro o 6 de agosto de 2024, na Catedral de Tui.

Con Madou Kouyaté e Lassana Diabaté, integrantes do Trio da Kali, xunto ao manager Saúl Presa, achegámonos ao valor social e ás características de construción do balafón e do ngoni, dous instrumentos tradicionais de culturas minoritarias.

Madou Kouyaté e Lassana Diabaté...

Duration: 00:21:38
Montes de Couso (Gondomar), un modelo holístico na xestión do patrimonio natural e cultural.
Oct 16, 2023

O foro profesional Resonancias sae de Tui para visitar os Montes de Couso, no municipio limítrofe de Gondomar. Xosé Antón Arauxo, presidente da comunidade de montes, defende o valor multifuncional de futuro na xestión deste patrimonio natural e cultural, dignificando o feito de vivir do monte dende un concepto colectivo deseñado a medio e longo prazo. Acompañado do enxeñeiro Francisco Pedras, técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Xosé Antón Arauxo presenta o Bosque da Lingua, proxecto do...

Duration: 00:23:34
Taller práctico sobre a instalación do programa FORTRA da Xunta de Galicia
Oct 16, 2023

FORTRA é unha aplicación que permite certificar a trazabilidade e a pegada de carbono do produto artesán no compromiso de emprego de madeiras locais e favorece o aumento do seu valor comercial. Os enxeñeiros informáticos Victoriano Maestre e Jesús Álvarez, da empresa Nunegal Consulting, presentan este programa impulsado pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) da Xunta de Galicia.


Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal n...

Duration: 00:21:13
Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia.
Oct 16, 2023

Francisco Pedras, enxeñeiro técnico do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia (CIS-Madeira) presenta o Proxecto para a valorización sustentable da madeira de masas de frondosas caducifolias de Galicia.

Este PODCAST está financiado pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, no seu obxectivo de incentivar o deseño de produtos derivados do sector forestal na procura de solucións estruturais verdes que contribúan co ambiente.

Duration: 00:20:52
José Enrique López Ocampo: 400 anos fabricando sinos en Arcos da Condesa
Aug 28, 2023

Despois de case 400 anos da súa fundación, José Enrique López Ocampo mantén vivo o obradoiro familiar de Campás Ocampo situado en Arcos da Condesa, no concello pontevedrés de Caldas de Reis. O foro profesional Resonancias visita este obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Unha oportunidade para coñecer de primeira man o proceso de deseño, construción e fundición dunha campá seguindo as técnicas artesanais antigas.

Duration: 00:38:28
Natalia Moreno e Regis Floury: Hylica, espazo de divulgación das técnicas antigas da artesanía
Aug 28, 2023

O foro profesional RESONANCIAS visita Hylica, un espazo de divulgación das técnicas antigas da artesanía situado en Sabarís (Baiona) e que forma parte do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Hylica é un proxecto fundado pola artesá Natalia Moreno e o luthier Regis Floury, quenes comparten as súas inquedanzas na preservación dos coñecementos tecnolóxicos e antigas ténicas da artesanía co obxectivo de polas ao servizo dos museos, así como a súa divulgación a través dos programas anuais Menestralía.

Duration: 00:39:01
Lucy Durán: A evolución da kora dende o oeste de África aos talleres e escenarios internacionais
Aug 28, 2023

Lucy Durán, profesora de música da SOAS-Universidade de Londres e produtora musical de gravacións como "New Ancient Strings" no ano 1999, disco que impulsou a carreira internacional de Ballaké Sissoko e Toumani Diabaté, presenta en Resonancias a evolución da kora dende o oeste de África aos talleres e escenarios internacionais nas últimas cinco décadas, sendo a súa aportación máis recente a co-dirección da película documental "Ballaké Sissoko, une histoire de kora" estreada a inicios de 2023.

Duration: 00:34:02
O Reberete: Artesán de instrumentos tradicionais galegos
Aug 28, 2023

Tras o concerto de Davide Salvado en Música no Claustro, o artesán galego O Reberete presenta no foro profesional Resonancias os instrumentos de percusión tradicional construídos no seu obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. Dende San Cristovo de Cea, un pequeno municipio da provincia de Ourense, O Reberete defende os valores do traballo no rural galego e a dignificación desta familia de instrumentos musicais.

Duration: 00:22:35
Marcos Domato: A búsqueda dunha personalidade propia na construción da guitarra clásica
Aug 28, 2023

O artesán guitarreiro Marcos Domato presenta en RESONANCIAS o seu último instrumento, unha guitarra na cal procurou buscar unha personalidade propia de construción e deseño. Unha oportunidade de achegarnos a este obradoiro do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Duration: 00:19:38
Mesa redonda sobre o emprego de madeiras galegas III: Isabel Puentes, Ana Oróns, Elena Fabeiro e Sanin
Aug 28, 2023

As enxeñeiras Isabel Puentes, directora da área de promoción e calidade forestal da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), e Ana Oróns, secretaria xeral da Federación de Serradoiros e Rematantes de Madeira de Galicia (FEARMAGA), conversan nesta mesa redonda co construtor de instrumentos musicais José Manuel Salvado Sanín, presidente da Asociación Galega de Artesáns, e Elena Fabeiro, xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia. Unha visión concéntrica cara o emprendemento e desenvolvemento de novas oportunidades de negocio na cadea de valor entre as plantacións forestais e o sector profes...

Duration: 01:02:50
Cristina Lafuente: O toque manual de campás como manifestación do Patrimonio Cultural Inmaterial
Aug 28, 2023

A finais de 2022 a UNESCO declarou o toque manual de campás como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Cun amplo repertorio de formas e técnicas, tanto no ámbito relixioso coma no civil, esta linguaxe sonora mantívose ao longo dos séculos como un medio de comunicación comunitario. Cristina Lafuente, conservadora de museos da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte, afonda nesta declaración que favorece a salvagarda deste patrimonio.

Duration: 00:27:52
Gerhard Grenzing: Conversa maxistral de apertura de RESONANCIAS 23
Aug 28, 2023

O mestre organeiro Gerhard Grenzing protagoniza a conversa maxistral de apertura do foro profesional Resonancias 23. Grenzing é o autor do actual órgano da Catedral de Tui, un novo instrumento construído en 1995 que preservou as caixas barrocas históricas. Nesta conversa con Samuel Diz, comisario de Resonancias, Grenzing comparte algunha das características na construción deste órgano coa ollada posta na organería lusitana, así como a súa inquedanza pola fonética das linguas e como estas se reflexan na sonoridade dos instrumentos.

Duration: 00:48:55
Mesa redonda sobre a presenza de mulleres nos obradoiros de instrumentos musicais: Ana Fariña, Julia Marín Ramírez, Saínza Seivane e Olga Nogueira
Jul 25, 2023

A profesora e activista cultural Olga Nogueira dirixe unha mesa redonda que ten por obxectivo visibilizar as artesás galegas construtoras de instrumentos musicais. Un sector masculinizado no que as mulleres estiveron presentes nun segundo plano. A ausencia de referentes femininas é un reto que asumen con voz propia Ana Fariña, Julia Marín Ramírez e Saínza Seivane.

Duration: 00:47:07
Oli Xiráldez e David Garrido: O óboe barroco Thomas Stanesby Senior da Catedral de Tui
Jul 25, 2023

A Catedral de Tui custodia un óboe barroco construído por Thomas Stanesby Senior. O intérprete David Garrido e o artesán Oli Xiráldez afondan nas características e singularidades deste significativo instrumento histórico.

Duration: 00:28:26
Nadia Vázquez: Sería posible construír unha musette en Galicia?
Jul 25, 2023

Nadia Vázquez protagoniza o concerto de Resonancias 22, un recital no que presenta a musette, un dos principais instrumentos na corte francesa do século XVIII. Na actualidade son limitados os obradoiros que constrúen este instrumento sendo unha dificultade a superar no desenvolvemento da súa carreira artística. Así, co obxectivo de axitar ao sector artesán galego, presenta as características organolóxicas do instrumento e reflexiona se sería posible construir unha musette en Galicia.

Duration: 00:28:03
Elena Vázquez: A construción de instrumentos musicais, un oficio entre as administracións de industria e cultura
Jul 25, 2023

Elena Vázquez, conselleira técnica da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación dos Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte, reflexiona sobre a dicotomía da construción de instrumentos musicais, un oficio dun grande valor cultural engadido no marco das adminstracións de industria e comercio. En paralelo presenta un abano de axudas públicas interministeriais á disposición do sector.

Duration: 00:28:29
Antonio Suárez: A formación e a certificación dos oficios artesanais
Jul 25, 2023

Antonio Suárez Martín, director do Centro de Referencia Nacional da Artesanía Albayzín, afonda nas limitacións da oferta de formación e as certificacións artesanais, unha das principais dificultades do sector profesional da construción de instrumentos musicais. Retos e oportunidades de futuro que impulsa dende a Escola de formación profesional do Servizo Andaluz de Emprego.

Duration: 00:39:53
Mesa redonda sobre o emprego de madeiras galegas II: Montserrat Rodríguez Ogea, Francisco Pedras Saavedra e José Catoira
Jul 25, 2023

A enxeñeira Montserrat Rodríguez Ogea, directora de innovación da Axencia Galega da Industria Forestal-XERA conversa nesta mesa redonda sobre o emprego de madeiras galegas na construción de instrumentos musicais con Francisco Pedras Saavedra, técnico titular do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira de Galicia-CIS Madeira; e o luthier artesán José Catoira.

Duration: 00:42:43
Francisco Luengo e Pablo Sánchez Otero: Presentación da Asociación LABRA
Jul 25, 2023

Os artesáns Francisco Luengo e Pablo Sánchez Otero presentan a Asociación Profesional Galega de Construción de Instrumentos Musicais. Labra é un novo colectivo que nace das necesidades do sector expostas na primeira edición do foro Resonancias.

Duration: 00:23:42
Jonathan Santa María Bouquet: Conversa maxistral de apertura de RESONANCIAS 22
Jul 25, 2023

Jonathan Santa Maria Bouquet é o conservador do Museo de Instrumentos Musicais Santa Cecilia da Universidade de Edimburgo. Nesta conversa maxistral de apertura do foro Resonancias 22 presenta a colección de instrumentos custodiada no museo e os criterios de ampliación da mesma, así como os protocolos de investigación e restauración aplicados. En paralelo reflexiona sobre o equilibrio entre o emprego destes instrumentos históricos en concerto e a súa conservación para as xeracións futuras.

Duration: 00:42:09
Elena Fabeiro: A xerente da Fundación Artesanía de Galcia presenta Facemos marca Artesanía de Galicia
Jul 25, 2023

Coidar e protexer os vellos saberes, para fomentar e facer medrar os novos. Esta é a aposta na que a Fundación Pública Artesanía de Galicia, creada pola Xunta de Galicia no ano 2003, focaliza a estratexia de impulso ao emprendemento no sector artesán galego. Incidindo na importancia social, económica, cultural, local e ambiental da artesanía, dende a Fundación traballan na procura dun sector artesán sólido e sostible no tempo, que contribúa ao crecemento da economía galega entorno á potenciación do talento galego.

Duration: 00:06:37
Cristina Ramírez e Álvaro Seivane: Retos de mercado e oportunidades dixitáis no horizonte da Axenda 2030
Jul 23, 2023

Construír un instrumento é manter viva a herdanza dunha cultura. Cristina Ramírez e Álvaro Seivane representan a dúas familias senlleiras na construción de instrumentos musicais: Guitarras Ramírez e Gaitas Seivane. Neste conversa comparten o compromiso de manter estas sagas familiares e a salvagarda dun valioso patrimonio inmaterial, así como os retos e oportunidades na transformación do negocio impulsados pola dixitalización e as novas vías de comercialización no horizonte da Axenda 2030.

Duration: 00:15:09
Alvaro Seivane e Xosé Manuel Sánchez Rei: Xosé Manuel Seivane no centeario do seu nacemento "A gaita con maiúscula"
Jul 23, 2023

No ano 1921 naceu en Fonmiñá o artesán Xosé Manuel Seivane. O coidado que aplicou na construción das súas gaitas valeulle o recoñecemento de numerosas xeracións. Tras o seu falecemento en 2012, o filólogo Xosé Manuel Sánchez Rei ocupouse de escribir a súa biografía “A Gaita con maiúscula” publicada pola Editorial Canela. Neste libro resultan fundamentais as testemuñas da súa familia, herdanza viva deste legado no obradoiro de Gaitas Seivane.

Duration: 00:13:59
Fran Rodríguez: Aportacións artesanais na construción dunha guitarra electrica
Jul 23, 2023

A guitarra eléctrica é un instrumento que está vencellado ás grandes marcas internacionais. O obradoiro Franfret Handmade Guitars, ubicado na Coruña, constrúe cada guitarra desde o diálogo co intérprete. Cada instrumento adáptase ao estilo musical e preferencias da persoa na elección das súas madeiras e tamaño, buscando unha guitarra real, viva e orgánica. Esta idea é a clave do éxito no seu principal mercado: Alemaña.

Duration: 00:13:49
Belén Bermejo e Andrés Díaz: Catalogación e divulgación de órganos de Galicia
Jul 23, 2023

Os órganos históricos conforman unha das principais coleccións do patrimonio musical galego. Entre eles atópase o da Catedral de Tui, do século XVIII, restaurado en 1995 por Gerhard Grenzing. Ante a falla de organeiros galegos ao coidado deste legado, Belén Bermejo e Andrés Díaz comezaron en 2007 a confección dun inventario e catálogo para o recoñecemento destes instrumentos, xunto a súa divulgación nos festivais Espazos Sonoros ou De Lugares e Órganos, entre outras iniciativas.

Duration: 00:19:57
Samuel Diz: A guitarra de Lorca, un instrumento vivo
Jul 23, 2023

A Casa-Museo Huerta de San Vicente garda a guitarra de Federico García Lorca, construída polo artesán granadino José Ortega sobre 1906. Desde a súa restauración, realizada por Francisco Manuel Díaz en 1996, a guitarra é un instrumento vivo. Samuel Diz, intérprete e investigador da música orixinal da Xeración do 27', gravou na propia casa do poeta o primeiro traballo discográfico realizado con esta simbólica guitarra.

Duration: 00:13:52
Natalia Fraguas: A colección permanente de instrumentos musicais do Museo de Pontevedra
Jul 23, 2023

No Museo de Pontevedra atopamos unha das principais coleccións de instrumentos musicais da provincia. Unha colección permanente que foi adquiríndose desde a súa fundación, impulsada pola Sociedade Arqueolóxica. A conservadora Natalia Fraguas achéganos como foi a súa xestión, tanto a nivel de difusión como de conservación, así como a situación actual e os plans de futuro previstos para a mesma.

Duration: 00:23:02
José Catoira: A recuperación dos violíns de Andrés Gaos
Jul 23, 2023

A Universidade de Santiago de Compostela custodia dous violíns que pertenceron ao intérprete e compositor de orixe galega Andrés Gaos Berea. Un deles é un modelo alemán de finais do século XVIII, vencellado á escola de Mittenwald. O artesán Jose Catoira, presidente de GLAE, Gremio de Luthiers y Arqueros de España, presenta os criterios e retos do proceso integral de restauración deste instrumento.

Duration: 00:15:26
Regis Floury: A conservación dos valores tecnolóxicos e funcionais dos instrumentos musicais nos museos
Jul 23, 2023

A conservación integral dos instrumentos musicais nos museos entra en conflicto coa deontoloxía da restauración e preservación patrimonial. Como solución, Régis Floury propón un cambio de paradigma desde o coñecemento e aplicación das técnicas de fabricación antigas que estudou na súa Francia natal, no Instituto Nacional de Patrimonio. Na actualidade constrúe e restaura instrumentos musicais en Hylica, un novo espazo de divulgación das técnicas antigas da artesanía en Sabarís.

Duration: 00:19:16
Sara Quintana: Percorido polos retablos barrocos da Catedral de Tui
Jul 23, 2023

Adentrámonos no interior da Catedral de Tui para descubrir a súa iconografía musical. Levamos a atención aos retablos barrocos do órgano, das reliquias de San Telmo ou da Expectación, onde unha orquestra de querubíns dialoga coa gaita do pobo recibindo ao neno Xesús. Un percorrido artístico da man da historiadora da arte Sara Quintana, guía oficial de turismo de Galicia e profesora titora da UNED de Pontevedra.

Duration: 00:12:21
Conversa con Begoña Riobó e Anxo Pintos: Artesáns e intérpretes, unha relación simbiótica
Jul 23, 2023

Non hai intérprete sen instrumento, nin instrumento sen intérprete. Begoña Riobó e Anxo Pintos, integrantes do dúo Parvo, protagonizan o concerto de RESONANCIAS 21. Nesta conversa xunto aos artesáns José Catoira e Ramón Corral afondan na relación simbiótica entre intérpretes e luthieres.

Duration: 00:22:15
Suso Vila: A música descoñecida do capitel románico da Catedral de Tui
Jul 23, 2023

A única representación musical do románico da Catedral de Tui atópase no capitel do cruceiro sur que da acceso ao claustro. Un vestixio iconográfico de varios músicos ao carón dun xinete. O historiador Suso Vila presenta a súa investigación inédita sobre un dos capiteis máis sorprendentes e á vez más descoñecidos da sede tudense.

Duration: 00:12:49
Xermán Arias: Unha interpretación das violas ovais do Pórtico da Gloria
Jul 23, 2023

Na Catedral de Santiago están representadas seis violas ovais, o que nos mostra a importancia do instrumento na Idade Media. Xermán Arias, do obradoiro Arxemil en Sarria, realiza unha interpretación persoal da iconografía musical destes instrumentos que responden a parámetros morfolóxicos parecidos, reflexionando sobre as técnicas de construción antigas e o emprego de madeiras locais.

Duration: 00:15:12
Isabel Rei Samartim: Representacións iconográficas dos instrumentos de corda pulsada no patrimonio monumental galego
Jul 23, 2023

Na súa tese de doutoramento "A guitarra na Galiza" defendida na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2021, Isabel Rei Samartim trazou un mapa do patrimonio monumental galego coa atención posta nos instrumentos de corda pulsada. Este conxunto de referencias iconográficas, no que atopamos o retablo da Expectación da Catedral de Tui, evidencia o uso civil e relixioso destes instrumentos en Galicia entre os séculos XII e XVIII.

Duration: 00:19:12
Mesa redonda sobre o emprego de madeiras galegas I: Francisco Pedras Saavedra, Xaneco, Pablo Sánchez Otero, Héctor Salgado e Xermán Arias
Jul 23, 2023

O enxeñeiro Francisco Pedras Saavedra, técnico titular do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira da Xunta de Galicia, aporta a visión intersectorial nesta mesa redonda compartida cos artesáns Xaneco, Pablo Sánchez Otero, Héctor Salgado e Xermán Arias. As súas principais reflexións xiran sobre a sistematización do diálogo entre os propietarios das plantacións forestais e os artesáns, xunto ás posibles aportacións tecnolóxicas e aplicacións da investigación e innovación científica no reto de empregar madeiras galegas nos instrumentos musicais.

Duration: 00:33:21
Xosé Manuel Gil, Antón Corral e Ramón Corral: Novos punteiros graves para novas inquedanzas musicais
Jul 23, 2023

A introdución da gaita nos conservatorios supuxo a aparición dun repertorio contemporáneo con novas necesidades dos seus intérpretes, onde o instrumento dialoga con outros rexistros, en ocasións máis graves. Coa finalidade de aumentar o emprego e fiabilidade do punteiro con afinación en Sol, os obradoiros de Gaitas Gil e Antón Corral realizan un traballo colaborativo. O obxectivo é abandonar o concepto de “baixo” deste punteiro buscando a mesma versatilidade que un punteiro de afinación en Do, sendo fieis ao son da escola Corral.

Duration: 00:19:25
Héctor Salgado: Fuxir do esquecemento. Aproximación ao pandeiro cadrado das Frieiras
Jul 23, 2023

Héctor Salgado, de Morenita Percusións, afronta unha nova investigación etnomusicolóxica da provincia de Ourense. Nas Frieiras, no límite entre Galicia, Castela e Portugal, consérvase un adufe antigo cunhas características singulares que o diferencian dos demais pandeiros peninsulares. A súa adufeira foi Carmen, falecida no ano 1913. Un século despois coñecemos as características organolóxicas deste instrumento de percusión, tales como a súa morfoloxía, a forma constructiva e os materiais empregados.

Duration: 00:12:31
Pablo Sánchez Otero: A plantilla de Torres como base de construción da guitarra
Jul 23, 2023

Na segunda metade do século XIX o almeriense Antonio de Torres transformou o concepto de construción da guitarra. Pablo Sánchez Otero descubriu este legado inmaterial de saberes do oficio a través do matrimonio José Luis Romanillos e Marian Harris Winspear. Despois de vivir en Amberes, a comezos de 2020 Pablo instalou o seu obradoiro na Coruña. As súas guitarras están presentes, principalmente, no mercado nipón.

Duration: 00:12:39
Xaneco: Percusións de man con novos sistemas de afinación
Jul 23, 2023

Os novos usos dos pandeiros, pandeiras e pandeiretas traen aparellados diversos problemas que hai que solucionar. A motivación do Obradoiro Xaneco desde os seus inicios foi a mellora e innovación destes instrumentos tradicionais de percusión de man. Desde Outeiro de Rei traballa na investigación de novos sistemas de tensión e o emprego de parches sintéticos que permitan controlar a afinación.

Duration: 00:17:18